Benvidos a este espacio!

jueves, 4 de noviembre de 2010

PLANTANDO LIBROS.

Exposición promovida polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e a Dirección Xeral de Creacción e Difusión Cultural, e coordinada por AGPI, reuniu a 78 creadores galegos.
Baixo o lema "Plantando libros" cada ilustrador  creou unha imaxe, na que logo cada escritor , baseándose na imaxe, crea un texto.

Eu pedinlle a Helena Villar Janeiro que colaborase conmigo, e ela creou este texto tan fermoso, baseado no meu debuxo.

     "Benvido,aire,
      que es cantiga no bico dos paxaros
      e olor onda o xasmín primaveral.

     Benvido, aire,
     que sabes arrolar as bolboretas
     e animas as abellas a fecundar as flores.

     Benvido, aire,
     que carrexas a folla
     e  cobres de ouro o chan.

     Benvido, aire,
     que bicas con dozura
     e varexas con brío os castiñeiros
     para que haxa magostos.

    Benvido, aire,
    que enches de soños as ás dos papaventos
    e enxugas os tendais.

    Benvido, aire,
    que lles ensinas xogos ás folerpas
    e ás ondiñas do mar.


Foi no ano 2007.