Benvidos a este espacio!

domingo, 19 de febrero de 2012

UN FOGAR PARA ESTRELA

Por fin está rematado o fermoso booktrailer do album  ilustrado no que estiven traballando  dende hay tempo.O seu título: "Un fogar para Estrela".
Espero que vos guste esta preciosidade feita  por Gabriel Prada (música) e Gonzalo Lomba,(montaxe e vídeo).
Gracias aos dous e noraboa!


Un fogar para Estrela from Gabriel Prada on Vimeo.

domingo, 12 de febrero de 2012

UN NIÑO NO XARDIN

Rematei o poemario "Un niño no xardín" do autor Xoan Neira. Asi que estiven durante un tempo disfrutando de este xardin encantado que, estou segura, lles vai encantar tamén aos nenos e non tan nenos.
Nistes tempos revoltos que nos toca vivir, as veces é bo deterse, sentarse nun banco, e respirar o perfume da herba, contemplar o sol nunha flor, ou escoitar a ledicia dos paxaros mentres beben nunha fonte.
Todo esto e moito mais é o que nos regala Xan nos seus poemas. Pequenas grandes cousas que a veces esquecemos ollar, entre o trafego do dia a dia.
O traballo xa está entregado na editorial, e sairá proximamente na colección Sopa de Libros Anaya.
Mentres tanto, aqui deixo o book-trailer de este poemario, unha maravilla creada por Gabriel Prada (música) e Gonzalo Lomba (montaxe e vídeo)



Un niño no xardín (trailer). from Gabriel Prada on Vimeo.