Benvidos a este espacio!

martes, 18 de octubre de 2011

NACEMENTO

Está agromando na miña mesa de debuxo un novo proxecto...un conto con uns protagonistas peculiares e tenrros: Antón, e os pingüinos Kako, Keko, e Kiko.
Cando teña algún boceto, o subirei aqui.
Polo de agora déixovos con unha fermosisima fotografia que nos agasallou Susete-Ferrol a todos os que participamos na expo "A nosa colleita para Somalia"

A NOSA COLLEITA PARA SOMALIA

Foi unha fermosa iniciativa na que participei. Xurdiu en Facebook, ideada por moi boa xente (Susete-Ferrol, Susana Pazos, de Pensamentos e agasallos...e moita outra xente que puxo toda a ilusión e traballo na orgaizacion deste importante evento.
Tamén foi unha morea de xente a que participou, doando cadros, música, obxetos....
Sen o selo de ningun partido político, todo este proyecto foi expontáneo e inesperado, como xurden todas as cousas boas...
A cafeteria "Tras do Marco", en Vigo, aportou as suas paredes para expoñer...
E todo o que se recaudou foi entregado a Medicos sen Fronteiras. Posiblemente sexa un grao de area para axudar a terrible situación pola que pasan os Somalies...
Grazas por ter participado con tod@s vos, penso que todo esto me aportou mais a min, que eu a Somalia...asi que hay que seguir, un grao de area axuda a facer unha praia...Esta ilustración foi a miña aportación: "A casa das cigoñas".

ESTRELA

Xa está confirmado: O album ilustrado no que traballein durante meses, sairá en Abril (Everest Galicia)
Estou abraiada.
Me deu moito traballo: escrita e ilustración; pero mereceu a pena, o resultado é un agasallo, o mellor agasallo para min.
Creo que vos gustará e que disfrutaredes con iste novo album ilustrado, alomenos tanto como eu disfrutei facéndoo.

Gabriel Prada (musica) e Gonzalo Lomba ( imaxe), estan facendo o book-triller do conto, que dentro dun tempo subirei ao blog.
Aqui deixo un boceto dunha das ilustracións .