Benvidos a este espacio!

martes, 18 de octubre de 2011

A NOSA COLLEITA PARA SOMALIA

Foi unha fermosa iniciativa na que participei. Xurdiu en Facebook, ideada por moi boa xente (Susete-Ferrol, Susana Pazos, de Pensamentos e agasallos...e moita outra xente que puxo toda a ilusión e traballo na orgaizacion deste importante evento.
Tamén foi unha morea de xente a que participou, doando cadros, música, obxetos....
Sen o selo de ningun partido político, todo este proyecto foi expontáneo e inesperado, como xurden todas as cousas boas...
A cafeteria "Tras do Marco", en Vigo, aportou as suas paredes para expoñer...
E todo o que se recaudou foi entregado a Medicos sen Fronteiras. Posiblemente sexa un grao de area para axudar a terrible situación pola que pasan os Somalies...
Grazas por ter participado con tod@s vos, penso que todo esto me aportou mais a min, que eu a Somalia...asi que hay que seguir, un grao de area axuda a facer unha praia...Esta ilustración foi a miña aportación: "A casa das cigoñas".