Os estragos cometidos na nosa Terra, son de tal magnitude, que semellan non ter volta atrás.
Esta mostra pretende sensibilizar sobre este problema; eu , coa miña ilustración era o que pretendia, unha metáfora do que pode ser o futuro: o mar pechado con un muro, e unha nena (o futuro) que so pode contemplalo a través dunha fenda, sen poder achegarse a él e disfrutalo.
Participamos nesta mostra: Jacobo Fernandez,Forges, Fran Jaraba,Leandro, Siro Lopez, Xan Lopez Dominguez,Xaquin Marín, Pinto e Chinto,Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko Dasilva, Alberto Vázquez, Oscar Villán, Xosé Lois e mais eu, Anxeles Ferrer.
Grazas a David Pintor por invitarme a participar!
Foi no ano 2007.