Benvidos a este espacio!

domingo, 24 de octubre de 2010

UNHA GRAN SORPRESA.

Foi unha gran sorpresa descubrir que levaba dentro unha ilustradora. Sempre me gustara, dende que era nena, debuxar, pintar,ler, escribir....Meu pai era un gran debuxante, e me contaron que tamén escribiu algún conto.
Nunca abandonei o debuxo e a pintura ao longo dos anos. 
Cando naceu o meu fillo, mercáballe contos, contos que eran verdadeiras obras de arte.Disfrutaba moito con él cando llos lia, e foi entonces cando comencei a plantexarme facer eu algo semellante.
Os comenzos foron duros, pero cada vez tiña mais claro que aquelo era ao que me quería dedicar.
E pouco a pouco fun conseguindo algún traballo.Era unha continua loita  porque era autodidacta, pero tamén un traballo que me resultaba absolutamente marabilloso.
As primeiras obras, cando as contemplo, vexo que lles falta ou sobra isto ou aquelo...é inevitable velo agora asi; cando aprendes sempre cometes erros, pero tamén avanzas. De ter loitado por conseguir facer o que me gustaba é do que me sinto mais orgullosa.
Din que os nenos traen un pan baixo do brazo. A min me trouxo o descubrimento dunha profesión dura, pero fermosa como poucas.