Sempre me gustou escribir.
Lembro que, cando tiña 11 anos, nun curso de verán para nenos, que se organizou no meu pobo, gañei o 1º premio de redacción. O agasallo foi extraordinario: un libro de contos de Andersen, que gardo como un tesouro. Aquel conto pasou polas mans de todas as nenas do pobo, e admirábamos as ilustracions a toda cor.Eran tempos de penurias, tiñamos poucas cousas, adorábamos os contos , que intercambiábamos entre nos. Un feixe de contos circulaban polo pobo, en intercambio constante: contos de fadas, do "Capitan trueno", tebeos....
Encantábame ler, e escribir.
Nunha tempada en que non tiña ningun encargo para ilustrar, decidin escribir e ilustrar. Tiña unha morea de poesías para nenos, e collín unha delas:
"Xaneiro bufa, Febreiro rosma, e Marzo roe nas ás de Abril;
Abril é unha pomba, que trae a Maio, que viste un saio de branca lá,
como as nubes de Xuño, quen lle abre a porta a Xullo lacazán.
Logo ven Agosto, estrelas de mar no meu gañapán,
e empurra a Setembro,que non quere entrar.
Setembro trae uvas, e Outubro castañas, e agocha no saco algún furacán.
Novembro, Novembro, xa se anoxa o mar.
No Nadal fermoso, neve nos tellados, festas e agasallos...e volta a empezar!
Portada de "OS SEÑORES MESES" (Ediccións Xerais)
.
Don Xaneiro
Don Abril.
Non foi un encargo, nunca traballo por encargo.É arriesgarse, pero merece a pena, polo pracer de crear libremente...
Iste conto foi
preseleccionado para a Lista de Honrra do IBBY.
Recientemente fíxose unha segunda edicción .