Benvidos a este espacio!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Caracola. Vestidos de cuento.

CARACOLA. VESTIDOS DE CUENTO.

E o nome que lle puxen a tenda que abrin en facebook. Anímovos a visitala!!

Son vestidos "de colección" feitos para agasallar as vosas princesiñas.

jueves, 27 de septiembre de 2012



Sobre "Un fogar para Estrela en La Voz de Galicia, sábado 11 de Agosto, suplemento "Culturas":

martes, 22 de mayo de 2012

DEBUXO PARA OS NENOS DE RAMOSCUCHO (PERU)

Invitada por Aulas Abertas, participo en esta Expo-subasta que se celebrará no Circulo Mercantil de Vigo, co obxeto de recaudar fondos para unha escola en Ramoscucho (Perú).
A miña ilustración:

PORTADA DE "UN NIÑO NO XARDÍN"

Esta é a portada que fixen para o libro de poemas de Xoán Neira, "Un niño no xardín"
Sairá pronto en Sopa de Libros (Anaya)

domingo, 19 de febrero de 2012

UN FOGAR PARA ESTRELA

Por fin está rematado o fermoso booktrailer do album  ilustrado no que estiven traballando  dende hay tempo.O seu título: "Un fogar para Estrela".
Espero que vos guste esta preciosidade feita  por Gabriel Prada (música) e Gonzalo Lomba,(montaxe e vídeo).
Gracias aos dous e noraboa!


Un fogar para Estrela from Gabriel Prada on Vimeo.

domingo, 12 de febrero de 2012

UN NIÑO NO XARDIN

Rematei o poemario "Un niño no xardín" do autor Xoan Neira. Asi que estiven durante un tempo disfrutando de este xardin encantado que, estou segura, lles vai encantar tamén aos nenos e non tan nenos.
Nistes tempos revoltos que nos toca vivir, as veces é bo deterse, sentarse nun banco, e respirar o perfume da herba, contemplar o sol nunha flor, ou escoitar a ledicia dos paxaros mentres beben nunha fonte.
Todo esto e moito mais é o que nos regala Xan nos seus poemas. Pequenas grandes cousas que a veces esquecemos ollar, entre o trafego do dia a dia.
O traballo xa está entregado na editorial, e sairá proximamente na colección Sopa de Libros Anaya.
Mentres tanto, aqui deixo o book-trailer de este poemario, unha maravilla creada por Gabriel Prada (música) e Gonzalo Lomba (montaxe e vídeo)



Un niño no xardín (trailer). from Gabriel Prada on Vimeo.