Benvidos a este espacio!

sábado, 11 de diciembre de 2010

FADA contemplando a Lúa de Outono.

A protagonista do conto no que estou traballando  contempla ,abraiada, a Lúa de Outono, que se pousou nunha árbore.
É unha maravilla pintar con acrílicos!!!

viernes, 10 de diciembre de 2010

martes, 16 de noviembre de 2010

FARRAPOS DE NUBE

   Libro ilustrado para Xoán Neira, que escribiu este libro de poemas para os nenos, editado por Baía Ediccións.


















CAMIÑAN DESCALZAS POLAS ROCHASAmnistia

Amnistía Internacional me pedíu colaborar en este proyecto: autoras polos dereitos humanos das mulleres.
Me tocou ilustrar o relato "Monta na vida", de Carmen Blanco. Editorial Tris-Tram

BRANCA DE NEVE E OS SETE ANANOS.

Adaptación do conto clásico Branca de neve", feita por Ánxela Gracián.
En esta versión, a madrasta convértese nun persoaxe singular, pero conserva a mesma teima da madrastra clásica: facer desaparecer a Branca de neve. Como sempre, o conto remata ben. Editorial Galaxia me encargou ilustralo.





sábado, 6 de noviembre de 2010

MEDRANDO SANS

"Medrando sans, de bocado en bocado e de xogo en xogo" .e unha publicación didactica  destinada aos mestr@s de educación infantil, para ensinar e aprender a coidar a saude.Editado pola Consellería de sanidade, e encargaron ilustralo no 2008.



















CARTAZ para abril dos libros (Pontevedra)








ROSALÍA


Foi Helena Villar Janeiro quen escribiu esta fermosa biografia de Rosalía de Castro, para os nenos. Me invitou a ilustrala e me ilusionou enseguida o proxecto.
Pero tamén é certo que me daba un pouco de medo equivocarme: Rosalía é  moi grande.
Finalmente saeu unha nena que brincaba  no outono nas pociñas de auga que deixaba a choiva, que se sentia viva, feliz, como unha bolboreta, nas terras de Ortoño, camiñando  polas fragas, escoitando o canto dos paxaros...



Unha nena que ollaba todo o que había ao seu arredor dun xeito especial.
Estas son algunhas das imaxes que creei para iste conto.
Fíxose unha segunda edicción en castelán.

viernes, 5 de noviembre de 2010

GUIAS CULTURAIS; A nosa literatura infantil e xuvenil. (Gálix).

A portada de este número  levou un debuxo meu, no ano 2003. Son guias que informan sobre literatura infantil e xuvenil.

Revista Río.



Lamentablemente esta revista   do Baixo Miño, deixou de publicarse hay algun tempo. Gardo todos os números , e colaborei con eles en algunha ocasion.

A ilustración sobre o desastre do Prestige, tamén serviu de portada para esta revista.

Para unha homenaxe a Siro.

Este é o debuxo que fixen para unha homenaxe ao debuxante SIRO, a petición de David Pintor, promotor de esta mostra.

jueves, 4 de noviembre de 2010

PLANTANDO LIBROS.

Exposición promovida polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e a Dirección Xeral de Creacción e Difusión Cultural, e coordinada por AGPI, reuniu a 78 creadores galegos.
Baixo o lema "Plantando libros" cada ilustrador  creou unha imaxe, na que logo cada escritor , baseándose na imaxe, crea un texto.

Eu pedinlle a Helena Villar Janeiro que colaborase conmigo, e ela creou este texto tan fermoso, baseado no meu debuxo.

     "Benvido,aire,
      que es cantiga no bico dos paxaros
      e olor onda o xasmín primaveral.

     Benvido, aire,
     que sabes arrolar as bolboretas
     e animas as abellas a fecundar as flores.

     Benvido, aire,
     que carrexas a folla
     e  cobres de ouro o chan.

     Benvido, aire,
     que bicas con dozura
     e varexas con brío os castiñeiros
     para que haxa magostos.

    Benvido, aire,
    que enches de soños as ás dos papaventos
    e enxugas os tendais.

    Benvido, aire,
    que lles ensinas xogos ás folerpas
    e ás ondiñas do mar.


Foi no ano 2007.

FEISMO ILUSTRADO.

Cando David Pintor me propuxo colaborar en esta mostra, "Feismo Ilustrado", aceptei deseguida, pois é unha cuestión na que estou moi sensibilizada.
Os estragos cometidos na nosa Terra, son de tal magnitude, que semellan non ter volta atrás.
Esta mostra pretende sensibilizar sobre este problema; eu , coa miña ilustración era o que pretendia, unha metáfora do que pode ser o futuro: o mar pechado con un muro, e unha nena (o futuro) que so pode contemplalo a través dunha fenda, sen poder achegarse a él e disfrutalo.  


Participamos nesta mostra: Jacobo Fernandez,Forges, Fran Jaraba,Leandro, Siro Lopez, Xan Lopez Dominguez,Xaquin Marín, Pinto e Chinto,Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko Dasilva, Alberto Vázquez, Oscar Villán, Xosé Lois e mais eu, Anxeles Ferrer.

Grazas a David Pintor por invitarme a participar!

Foi no ano 2007.


                                                                                                                                                   








LÓBEZ

Baía ediccións encargoume ilustrar este conto. Ao leelo quedei abraiada do ben escrito que está e o divertido e tenro que é o relato.Foi ganador do premio Meiga  Moira no 2006, e o seu autor e Antonio Yáñez Casal.







Na editorial me dixeron que tiña que ser ilustrado a duas tintas , agás a portada. Por esto me decidin polo lápis para o interior, e a acuarela na portada.

VAIDEMAR

Mostra sobre o mar, na que participamos 17 ilustradores, dando cada un  a nosa visión do mar.
Sairon mares moi distintos: feros, engaiolantes, literarios,máxicos , fantásticos....
Orgaizada por GALIX, é unha mostra itinerante que, entre outros lugares, visitou Bretaña.


Este foi o meu mar.

DEBUXO PARA" MENIÑOS."

O ilustrador recibe moitas veces peticións para causas nobles, e non é quen de decir que non, inda que estea afogado de traballo.
A min me encanta axudar, sempre que podo. Á asociacion ·"Meniños" non podia negarlle axuda, e gustosamente lles cedín este orixinal, que serviu de portada para a sua revista.

CAN de PALLEIRO.

Exposición orgaizada por AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), que tivo como motivo  o Can de Palleiro, can galego por excelencia y en perigo de extinción, que "ladra dun xeito excéptico
 e se tratan, él e o seu dono, de igual a igual" (Manuel Rivas, "Un espía no reino de Galicia").

Participamos 43  ilustradores.



Esta foi a miña ilustración:

miércoles, 3 de noviembre de 2010

ROSALÍA ILUSTRADA.

No ano 2004 a Fundación Rosalía de Castro encargounos a : Xaquín Marín, Xosé Cobas, Fran Jaraba, Nacho Hortas, Suso Cubeiro, Marifé Quesada,Manuel Uhía, Miguelanxo Prado,Pepe Carreiro, Xan López Dominguez,Fausto, Norberto Fernandez,Fran Bueno, Jacobo Fernandez,Andrés Meixide, Kiko da Silva, Pablo Otero Peixe, Primitivo Marcos,Miguel Robledo, Fernando Iglesias,Federico Fernandez Alonso, Raquel Gonzalez, Oscar Villán,Fino Lorenzo e Anxeles Ferrer,
Unha ilustración baseada nun poema de Rosalía;
Todas as ilustracións que naceron diste proxecto forman parte dunha exposición colectiva e, creo que, itinerante.

A min tocoume en sorte o fermoso poema:
            
            TECÍN SOIA A MIÑA TEA.
         


           Editouse un catálogo que recolle os traballos de todos os ilustradores que participamos.
                        

CARTAZ PARA "ABRIL DOS LIBROS" (Pontevedra)








Me encargaron este traballo para o "Abril dos libros" do Concello de Pontevedra. A reproducción do orixinal quedou moi ben.

OS LIBROS QUE ESCRIBIN E ILUSTREI: "AIKO".

Foi a mellor oportunidade que me deron: ilustrar unha historia en formato grande, grande....na colección "Rañaceos", de Everest Galicia.
Foi unha gozada traballar este conto: escribir sobre un tema que me parece moi importante, que está ahi, cada dia, e que por desgraza, o estará  no futuro.
Non e  un tema agradable nin divertido, non vende; pero creo que os nenos deben coñecelo.
En algún colexio llo leín aos nenos. Me decían que non podía rematar así esta historia...y eu lles contestei que non  sempre na vida, para moita xente, as cousas rematan ben...


















"Aiko" saeu no ano 2007.

OS LIBROS QUE ESCRIBÍN E ILUSTREI: "TRES PRINCESAS NAMORADAS".









Este conto encántalle as nenas, debido ao cambio de rol  que se produce na historia: tres irmans princesas enamoran do mesmo cabaleiro, Bernal, quen lles esixe unha proba :tecer un xibón"para él, e elexirá á princesa que o faga mais fermoso. Pero elas rechazan a proposta, e é o cabaleiro quen ten que "aprender a tecer", para conquistar a unha das tres.
Foi editado en Galaxia, no ano 2006, e mais tarde foi reeditado polo diario "El País", na colección "No país dos contos".
Tamen foi elexido entre os mellores contos do ano 2006-2007, pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

OS LIBROS QUE ESCRIBIN E ILUSTREI:" DUNHA VEZ ERA... UNHA MONTAÑA"

Nacín nun val rodeado de montañas; de pequena  creia que estaban vivas e que cuidaban de nos.
Escribin este conto como agradecemento a tantos momentos felices pasados a carón delas.
Non deberian ser destruidas pola cobiza; Motas delas necesitan axuda para non esmorecer, para que sigan conservando o seu tesouro de biodiversidade.



"Dunha vez era unha montaña foi publicado no ano 2009. en Everest Galicia, na colección "Ler é vivir".